Nota de Prensa
NOTA DE PRENSA DO PP DE BURELA
O GMPP de Burela pide que o concello limpe os solares privados adicados a aparcamentos.
Luis Pedre afirma que no de Rosalía de Castro non se retirou material de obra sobrante.
Os populares lamentan a escasa preocupación medioambiental do bipartito.
O GMPP de Burela pideu hoxe publicamente, a través do seu concelleiro Luis Pedre, que os solares privados que se empregan como aparcamentos públicos sexan limpados polo concello.
Pedre lamentou hoxe de novo o pouco interese do alcalde polo día a día municipal, e puxo como exemplo o novo solar habilitado como aparcamento público, petición feita no seu día polo prpio PP.
O edil popular indicou que o concello limitouse a explanar unha pouca de zahorra, e nada máis, porque os restos de materiais existentes na finca seguen ali, dando unha imaxe deplorable, e tampouco se procedeu a un corte da maleza próxima.
Desde o GMPP solicitan que o concello, xa que usa eses solares, debe adecentalos, e cando menos limpalos. Así, destacan que no solar do cruce Arcadio Pardiñas-Pascual Veiga estase acumulando un auténtico vertedeiro incontrolado. “O lóxico é que sexa o concello quen os limpe, porque os propietarios xa cumplen deixándoos como aparcamentos”, dixo Luis Pedre.
Para os populares, a preocupación do alcalde e do bipartito polo medio ambiente é máis ben escasa. Pedre considera que a labor municipal non debe limitarse a arreglar unha acera, senon a facer as cousas con sentido. “Pero no bipartito, ademais de poucas ganas de traballar, tampouco hai moito sentidiño”, afirmou Luis Pedre.