Viveiro, 3 de marzo, 2021. No marco das convocatorias publicadas no día de hoxe en relación co 8M, as mulleres que conformamos Galegas8m na Mariña occidental, queremos trasladar as actuacións que se desenvolverán na xornada do 8M:
– Viveiro 17:30h, Xardíns Noriega Varela:
• Realizarase unha concentración na que cada persoa terá unha marca de colocación no chan na que se levará a cabo a lectura do manifesto nacional de Galegas 8m.
• Farase entrega dun pequeno dossier con recomendacións feminisitas en distintas plataformas, libros, canles de YouTube, Podcast, series…
• Como peche, despregarase unha faixa na ponte.
– Xove 16:30h, no Centro Cívico:
• Concentración, lectura do manifesto e reparto do dossier, cumprindo rigorasemente coa distancia de seguridade, uso obligatorio de máscara e todas as medidas hixiénico-sanitarias.
Sen coidados non hai vida!