Lugo, 23 de febreiro de 2021. O pleno provincial aprobou con votos a favor de BNG e PSdeG e a abstención do PPdeG unha proposta impulsada pola formación nacionalista para reclamar á Xunta de Galiza un reforzo do servizos de axuda no fogar e da teleasistencia, así como na creación de prazas en residencias e centros de día de titularidade pública.
Na defensa da proposta, a vicepresidenta da Deputación Maite Ferreiro sinalou que “a Covid 19 puxo de manifesto as carencias na atención á dependencia e aos maiores” e puxo o foco na necesidade “dun modelo integral que facilite que as persoas maiores poidan quedar o maior tempo posible nas súas casas e que prime a creación de residencias máis pequenas, que ofrezan unha atención máis personalizada e que non supoñan unha ruptura abrupta das pesoas co seu entorno”.
A deputada nacionalista advertiu que “ante a falta de servizo público de atención a maiores e depndentes, os coidados recaen de novo nas maioritariamente nas mulleres, que se ven na obriga de véndose na obriga de renunciar ao seu propio emprego”.
Tamén subliñou a necesidade de “vixiar que na prestación dos servizos públicos se garanta, a través dun sistema de inspeccións efectivo, que se respectan os dereitos laborais das traballadoras”. Neste sentido, o pleno provincial tamén aprobou, unha proposta do BNG na que se reclama “a modificación da actual normativa para que as empresas que vulneren os dereitos laborais e salariais das traballadoras non poidan concorrer aos procesos de licitación”
A demanda recóllese nunha moción presentada polas nacionalistas en apoio ás reivindicacións do feminismo galego de cara ao 8M, que baixo o lema “Sen coidados non hai vida” advirte das consecuencias que a Covid 19 está a ter sobre as mulleres.
Maite Ferreiro afeou o voto en contra da proposta por parte do Partido Popular e lembrou que “a pandemia afecta a homes e mulleres, pero a pandemia e as crises afectan a homes e mulleres, pero as e dobremente, porque son as que seguen cargando maioritariamente o peso dos coidados e a atención a famlia, as que quedan na casa cando un neno ou nena está enferma e non poden ir ao colexio, as que quedan na casa cando pechan os colexios pola Covid ou as que piden rebaixas de xornada laboral”.
O BNG reclama á Xunta unha verdadeira xestión do lobo e axudas aos gandeiros
O voceiro nacionalista Efrén Castro evidenciou no pleno que o PPdeG formula o debate sobre a inclusión do lobo no listado de especies silvestres en réxime de protección especial dun xeito interesado para “desviar a atención sobre a nefasta xestión do lobo e a falta de axudas para os danos causados pola fauna.
O deputado puxo de manifesto o “abandono” da Xunta de Galiza aos gandeiros e gandeiras: “as axudas só cubren un 20 por cento das solicitudes e cóbranse, de media, dous anos despois do incidente co lobo”.
Efrén Castro lembrou que o PP votou a pasada semana en contra dunha proposta do BNG no Parlamento de Galiza para facilitar a tramitación das axudas” concluíndo que “vostedes non queren solucionar a problemática do lobo, que non é o lobo en si, senon a falta de axudas”.
Estradas provinciais
En relación coa situación dalgúns treitos das estradas provinciais como consecuencia da climatoloxía deste inverno, a vicepresidenta Maite Ferreiro sinalou que “desde o BNG faremos seguimento das actuacións previstas para dar solución ás demandas puntuais de melloras, sendo conscientes da urxencia do arranxo dalgúns desperfectos pola perigosidade que poidan entrañar”.
Maite Ferreiro lembrou que “a rede de estradas provinciais e das máis extensas do Estado e que lle correspondería á Xunta asumir a titularidade de parte delas por tráfico e dinámicas sociais”