A Pontenova, 23 de febreiro, 2021. O Alcalde da Pontenvoa admitiu este martes en Voces de Lugo e A Mariña de RadioVoz, que se sinte molesto polo escurantismo da Xunta en canto á información do Covid. Darío Campos dixo que tivo que enterarse pola prensa de que o Concello que dirixe era en principio, un dos 3 da provincia que segue cunha incidencia de máis de 500 positivos por 100.000 hab. Ao final trala actualización feita polo Sergas será no 2, polo tanto este venres non segiurá con peche perimetral malia que na práctica si, xa que os seus veciños só se poderán trasladar a outros concellos no mesmo nivel, sendo o máis próximo o de Outeiro de Rei
Escoita aquí completa a conversa