Ribadeo, 22 de febreiro de 2021. Ribadeo acolleu na xornada de onte, domingo, o primeiro curso de elaboración de programacións didácticas para oposicións de FP, que organizou Apaga (Asociacións de Profesores de Automoción de Galicia). Unha ducia de persoas acudiron á cita.
O presidente de Apaga, Álvaro Doural, dixo que “foi un curso, deseñado para xente que se vai presentar a oposicións, no que se abordaron temas como a programación, as unidades didácticas e todo ese tipo de cuestións”.
A formación deseñada pola Asociación de Profesores de Automoción de Galicia seguirá nas vindeiras semanas. As persoas interesadas en obter máis información poden dirixirse ao teléfono 639 88 49 45 ou á páxina web, www.apaga.es.