Burela, 18 de febreiro, 2021. O Pescados Rubén Burela FS de División de Honra Xuvenil afronta unha semana atarefada, con dobre compromiso, co ronsel da importante vitoria na casa do Red Blue Vigo 2015 (2-3). Leis Pontevedra e Concello de Guitiriz serán os rivais para o conxunto de Javier Pardeiro.
Co pulo do quinto triunfo da tempada, o cadro laranxa recuperará mañá a xornada 12, coa escuadra pontevedresa, cuarta na táboa (20.00 horas, Monte Carrasco). Vista Alegre dará continuidade ao calendario regular o domingo ás 12.30 horas, coa xornada 17 e a visita de Concello de Guitiriz, na quinta praza.