Xove, 10 de febreiro, 2021. O Concello de Xove organiza para este ano excepcional un concurso de covidisfraces denominado “CovidENTRÓIDATE”.
Os disfraces deberán gardar relación co Covid-19; dende a organización preténdese abrir un espazo imaxinativo que poda contribuir, a través do humor, a superar estes tempos de incertidume e inquedanzas.
Poderán participar no concurso e ser beneficiarios dos correspondentes premios calquera particular, a título individual ou familias, entendidas neste caso como “unidade de convivencia” (residencia no mesmo domicilio), aos efectos de respectar a normativa COVID, e con independencia da súa residencia ou non no Concello de Xove. O concurso está aberto a toda a xente da Mariña para que se disfrace, iso sí, respectando todas as normas Covid.
Establécense 3 categorías participativas, todas fácilmente realizables no entorno familiar.
Cada participante poderá presentar un solo covidisfraz (no caso das categorías individual infantil e individual adulto) ou grupo de covidisfraces (no caso da categoría familiar). Porén, un participante individual (infantil ou adulto) poderá estar incluído na categoría familiar, sen poder figurar como representante do grupo nin presentarse co mesmo covidisfraz.
A documentación a presentar será a seguinte:
-Folla de inscrición establecida ao efecto.
-Copia do N.I.F. do concursante ou titor, para o caso de menores de idade.
-Copia do N.I.F. do representante do grupo familiar.
Os participantes, en calquera das modalidades do concurso, xunto coa folla de inscrición deberán presentar un máximo de 3 fotografías do seu/s disfraz/es, segundo consideren. As fotografías deberán estar en formato JPEG e deberán ter unha calidade aceptable para que o xurado poida valorar axeitadamente os covidisfraces presentados.
A folla de inscrición e o resto da documentación poderá presentarse:
-Presencialmente na oficina do Técnico de Cultura Municipal (5ª planta do Concello) de luns a venres en horario de 7:45 a 15:15 horas.
– Por correo-e á dirección marioeijo@xove.es.
A data límite será as 15.00 horas do día 26 de febreiro. As Bases e follas de inscrición están disponibles no Departamento de Cultura do Concello e tamén na web do concello: www.xove.es