Mondoñedo, a 6 de febreiro de 2021. O Concello de Mondoñedo, por motivos de seguridade sanitaria, non celebrará este ano o habitual desfile de Entroido, pero non por elo, quere deixar pasar estas datas de festexo e tradición sen realizar ninguna actividade. Por iso, celebrará o “Atípico entroido 2021 de Mondoñedo”, concurso de traxes e máscaras, no que de forma totalmente dixital, e por tanto segura, a entidade local seguirá poñendo en valor estas datas.
As bases do concurso xa foron publicadas na web e nas redes sociais do Concello. Está aberto a todas as persoas que desexen participar, diferenciando as seguintes categorías: grupos de convivintes, parellas de convivintes e individual tanto en infantil como en adulto. Nos grupos intanfís, máis da metade dos seus componentes deberán ser menores de 12 anos de idade, este inclusive, podendo estar acompañados de varios maiores disfrazados.
Os interesados teñen que enviar unha fotografía caracterizados coa temática elixida ao seguinte correo electrónico: entroidomindoniense@gmail.com, especificando no asunto: “Atípico entroido 2021 en Mondoñedo”, ademais dos datos persoais e de contacto para poder notificar o resultado.
O prazo de presentación remata o día 20 de febrero. O xurado estará integrado por 5 membros, representantes de asociacións do eido local que valorarán diferentes aspectos da foto: orixinalidade, sustentabilidade do medio ambiente, caracterización, etc.
Cada un dos membros, de forma privada, outorgará notas comprendidas entre os 0 e 10 puntos a cada un dos participantes. Posteriormente, reuniranse as notas dos 10 membros do xurado e procederase á suma de puntos por parte de un técnico do Concello de Mondoñedo. Posteriormente, comunicarase o fallo do concurso aos gañadores do mesmo.
Premios
Establécense os seguintes premios, que van dende os 100 aos 10 euros en función da categoría: