BURELA (FNC) .- O Concello de Burela celebrará a vindeira semana do día mundial do medio ambiente con obradoiros nos que se elaborarán manualidades empregando materiais de refugallo. Os participantes recibirán un libro como agasallo, segundo anunciou hoxe a concelleira de Medio Ambiente.
Lucía Bouza manifestou que “tras ter celebrado cos alumnos de primaria dos dous colexios de Burela o día da árbore e o día do libro, a próxima semana conmemoraremos o día mundial do medio ambiente, que se celebra en todo o mundo o 5 de xuño. Esta vez as actividades, organizadas como xa á habitual polo Centro de Educación Medioambiental Gaia, estarán destinadas exclusivamente aos nenos e nenas de educación infantil do CEIP Virxe do Carme e do CEIP Vista Alegre”. A edil socialista explicou que “consistirán na elaboración de manualidades empregando materiais de refugallo. Ao remate das actividades, todos os nenos e nenas recibirán un libro como agasallo”.