Lugo, 22 de xaneiro de 2021. A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, felicítase polo apoio dado polos traballadores de Alcoa ao preacordo que permitirá retomar as negociacións para a venda da fábrica.
“Co seu respaldo maioritario ao preacordo para levantar a folga e retomar as negociacións, os traballadores facilitan o comezo do diálogo para a venda da planta e fan unha demostración de responsabilidade na loita polo mantemento da empresa e os postos de traballo, tan importantes para a comarca da Mariña e”, destacou a subdelegada.
Isabel Rodríguez lembrou que os traballadores de Alcoa contan co respaldo do Goberno, que sempre estivo implicado na busca de solucións de futuro para a empresa e na defensa do emprego. Neste sentido, a subdelegada expresou o seu desexo de que a vontade de diálogo amosada polos traballadores permita abrir, por fin, unha vía de solución ao conflito.