Foz, 14 de xaneiro de 2021. A Garda Civil, no marco da investigación “ Pampillosa” tivo coñecemento dun suposto delito de cultivo ou elaboración de plantas de cannabis, ademais doutro de fraude eléctrico nunha vivenda situada en Fazouro-Foz.
Coa entrada e rexistro no garaxe da vivenda poideron constatar unha conexión ilegal á rede de fluído eléctrico verificado por técnicos cualificados pertencentes a unha empresa subministradora, a cal alimentaba unha instalación perfectamente estruturada no inmoble. Observaron unha plantación de tipo cannabica na vertente INDOOR, con 245 macetas con talos, sistema autónomo de electricidade que alimentaba ventiladores, iluminación e todos os elementos necesarios para o cultivo das devanditas substancias.
Por todo o anteriormente exposto foron intervidas as substancias estupefacientes, os útiles instalados para a comisión dos feitos e procedeuse á desarticulación do punto de cultivo.