Viveiro, 8 de xaneiro de 2020. O Concello de Viveiro, polo gran volume de solicitudes recibidas para realizar as probas PCR dentro do cribado masivo a efectuar o domingo no pavillón municipal, comunica que a partir das 13:30 horas non se recollen máis datos e tampouco é posible garantir que o Sergas poida chamar a todas as persoas que están apuntadas, por que xa se sobrepasan as 1000 probas solicitadas.
De todos xeitos, coas persoas que agora mesmo xa están apuntadas xa se ve cumprido o obxectivo deste cribado, que era detectar casos asintomáticos e coñecer a incidencia que hai no municipio e, como consecuencia, aplicar restricións máis duras, de ser necesarias.
Dende o goberno municipal agradécese a elevada participación, “pois cremos que coa colaboración de todos os veciños e veciñas de Viveiro vamos a conseguir frear a cadea de contaxios e superar esta situación”.