Este ano, ante a falta de callos, recollemos alimentos e agasallos!
Debido á imposibilidade de realizar a cuarta edición do Callo Fest, este ano decidimos cambiar as baterías por paquetes de lentellas e as guitarras por xoguetes. Este sábado estaremos na Casa da Cultura de San Cibrao de 10 a 14h para recoller agasallos e comida non perecedoira que axuden ás familias nestes momentos tan complicados. Non queremos que ningún pequeno/a se quede sen agasallo este Nadal, e estamos seguros de que ti tampouco. Se tés algún xoguete na casa que non utilices tráeno. Tamén estaremos encantados de recibir alimentos non perecedoiros que entregaremos ás familias máis necesitadas.