Viveiro, 15 de decembro de 2020. O Concello de Viveiro informa aos veciños e veciñas de Viveiro que a evolución epidemiolóxica do municipio continúa a ser moi boa, detectándose unicamente un pequeno gromo.
Segundo os datos facilitados, ás 18:00 horas do día de onte había no concello un total de 8 casos activos, cunha incidencia a 14 días de 45,26.
Unha vez máis, quérese incidir na importancia de non baixar a garda e cumprir estritamente todas as medidas establecidas, co fin de evitar a propagación do virus.
Estamos ante unhas festas nas que adoita incrementarse a contacto social, polo que son fundamentais a prudencia e a responsabilidade social.