Mondoñedo-Ferrol, 11 de decembro de 2020. O P. Luís Anxo das Heras Berzal, CMF, despídese esta fin de semana de todos os diocesanos coa celebración de dúas Misas de acción de grazas por estes catro anos e medio como pastor de Mondoñedo-Ferrol.
A primeira das celebracións eucarísticas terá este sábado, 12 de decembro, ás doce do mediodía na Catedral da Asunción de Mondoñedo. A segunda será en Ferrol, o domingo, día 13, ás cinco da tarde na Concatedral de San Julián.
Ambas as cerimonias serán retransmitidas en directo pola canle diocesana de Facebook (www.facebook.com/mondonedoferrol), ao que tamén se poderá acceder a través da páxina web da diocese.
Ao longo de toda a fin de semana, o Servizo Diocesano de Comunicación utilizará a etiqueta #GraciasPadreLuisÁngel nas nosas redes sociais, para que todos aqueles que queiran sumarse á despedida poidan utilizala. Aproveitamos esta ocasión para anunciar que, esta pasada noite, alcanzamos o obxectivo proposto dos 1.000 subscritores na nosa canle de Youtube. Queremos agradecer a todos a gran resposta que, neste sentido, recibimos. Dados diferentes trámites por parte
da plataforma, terémolo dispoñible no prazo duns días, polo cal, esta fin de semana a retransmisión será unicamente a través da nosa mencionada canle de Facebook.