Boas novas chegan de Bruxelas, nunha acción dinámica da burocracia europea, forzada pola presidencia xermánica iso si, desbloquéanse os fondos para a loita contra as repercusión económicas da pandemia. É unha realidade que as institucións europeas son un garante de cara a eventuais situacións de risco nos países membro. Unha resposta coordinada e unificada da hoxe, economía e zona comercial máis forte a nivel global é un bálsamo para a grave situación provocada pola pandemia. Sinalar e recoñecer que a resposta é máis contundente que a de 2008. Unha Europa máis dinámica é máis Europa
O BCE, deostado por moitos, aprobou tamén a inxección monetaria nos mercados para paliar as caídas de PIB na zona Euro e mobilizar a economía. Neste senso gustaría moito da opinión dos políticos e políticas galegos que están manifestamente en contra do BCE pero apoian a regulación en países como Venezuela, que pasaría se Europa non tivese un regulador financeiro que poda activar o mercado? Onde quedan aquelas voces que en Marzo falaban contra a UE?
Aplaudir a contundencia no tratamento a Polonia e Hungría polo seu intento de veto, pode ser o inicio dun control efectivo dos valores da UE nestes estados e o preciso aviso a navegantes, mais cómpre non perder de vista esta acción e fiscalizar a súa política interna, que debe construír a resposta da Unión aos extremos políticos.
O fondos Next Generation EU, deben ser para Galicia a oportunidade de cambio de paradigma económico, de modernización e posta en valor da nosa potencialidade. Ollo, aquí temos que ser fortes contra os ventos centralizadores na xestión e tutela dos fondos, Europa ten que escoitar ás rexións e aos entes locais na xestión dos 750 mil millóns de euros, que son o futuro das próximas xeracións. Europa sen rexións, Europa sen cultura, Europa sen identidade de cada pobo non sería o que é. A acción conxunta dos partidos de Galicia ten que contrapoñerse co afán de poder de Pedro e Pablo.
Piñeiro Docampo,
Sº XERAL DE CxG
MEMBRO DO CONSELLO DO PARTIDO DEMÓCRATA EUROPEO