Mondoñedo, 8 de decembro, 2020. No día de onte, 7 de decembro de 2020, reuniuse o xurado designado polo Excmo. Concello de Mondoñedo para valorar as fotografías presentadas ao V Concurso de Fotografía “O Mellor Recuncho de Mondoñedo”.
O xurado estaba composto por:
Presidente – D. Alberto García – Concelleiro de Cultura. Con voz e voto.
Vogal – Dna. María Patricia Otero – Concelleira Camiño Norte. Con voz e voto
Vogal – Dna. Pepa Losada – Fotógrafa de La Voz de Galicia. Con voz e voto
Vogal – D. José Álvez – Fotógrafo de El Progreso. Con voz e voto.
Vogal – D. Gil Ares – Persoal do Concello de Mondoñedo. Con voz e voto
Secretario – D. Abel Vigo – Persoal do Concello de Mondoñedo. Con voz sen voto.
Na reunión analizáronse as 27 fotos presentadas ao concurso. Tras o debate levado a cabo chegouse ao fallo seguinte:
1º Premio para Dna. María Sol Piñeiro Requeijo
2º Premio para D. Marcos Candia Cuba
3ª Premio para Dna. Lucía López
Así mesmo elixíronse 10 fotos máis, por orde de valoración, que xunto coas tres premiadas conformarán as imaxes do calendario do Concello de Mondoñedo do ano 2021.