Xove, 2 de decembro, 2020. O Concello puxo en marcha hai uns meses unha serie de medidas excepcionais co fin de paliar os danos producidos pola Covid, entre elas destacan as destinadas a apoiar aos traballadores autónomos e microempresas para facer frente aos efectos originados polo estado de alarma.
Establecéronse dous tipos, unha para establecementos obrigados ao peche e outra para os que – sen estaren obrigados a pechar- xustificasen unha reducción igual ou superior ao 40% dos seus ingresos en relación ao semestre anterior.
Inicialmente prevíase destinar 100.000 €, que serían ampliadas se fose necesario. Finalmente estas axudas, cuxa solicitude estivo aberta ata o 1 de setembro, supuxeron unha cantidade de 67.875 euros, repartidos en 49 solicitudes aprobadas, cantidade que xa lle foi ingresada aos solicitantes.
Trátase dun esforzo importante do Concello por axudar a manter a súa estrutura económica, en especial aos traballadores autónomos e microempresas, duramente golpeados pola crise do Covid-19 e os seus demoledores efectos. Isto compleméntase coa axuda que o Concello mantén aos traballadores de Alcoa e da continuidade da producción da mesma na Comarca. A defensa dos postos de traballo é un obxectivo fundamental e irrenunciable para o Concello.