Esta actividade está englobada dentro da programación da Semana Europea da Prevención de Residuos, que tivo lugar do 16 ao 24 de novembro. “Nesta charla os rapaces aprenden o importante que é aplicar no noso día a regra dos 3R: reducir, reutilizar e reciclar, e reducir así o lixo que xeramos”, explican desde Gaia. Durante toda esta semana e o luns da que ven Gaia tamén traballa sobre a redución de residuos con infantil do mesmo CEIP. Neste caso facendo manualidades reutilizando cartón, facendo coroas de Nadal utilizando cartón de caixas usadas tamén para decoralas.