Repartíronse máscaras e lazos morados, cor símbolo desta loita, e chapas con diferentes lemas en contra desta lacra e en apoio de todas esas mulleres que a padecen ou padeceron: “Cervo non tolera a violencia de xénero”. “Non é querer moito, é querer ben”. “se o amor aperta non é da túa talla”. Ás 12:00 horas gardouse un minuto de silencio por todas as vítimas. Ademais, durante toda esta semana diferentes edificios públicos (Casa do Concello, Casa da Cultura, Ruínas das fábricas de Salgadura, Escolas Vellas de Cervo e a fonte do parque Reina Sofía) permanecen iluminados de morado, cor que simboliza a loita contra esta lacra.