O Concello de Viveiro, dentro das actividades organizadas pola campaña ‘En negro contra as violencias’, organizou hoxe na praza Maior unha concentración silenciosa ‘En Negro’ e a lectura dun manifesto reivindicativo.
María Loureiro, alcaldesa de Viveiro, fai un chamamento “a concienciar e visibilizar esta lacra social da violencia de xénero, temos que estar preto das vítimas e axudalas, aumentando os recursos para rematar o antes posible esta loita”
Xa que este ano son más complicadas as actividades presenciais, o concello invita a todos os axentes sociais (comercio, centros educativos, etc) e á veciñanza a participar na campaña ‘En Negro’ a traves de redes sociais. Na web ennegrocontraasviolencias.gal pódese descargar todo o material. Os hashtag serán #EnNegroContraAsViolencias, #EnNegro2020, #GaliciaEnNegro, #QuerémonosVivas e #NonEstásSoa.
Finalmente, o venres o Concello de Viveiro acollerá unha nova reunión da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero, presidida pola alcaldesa de Viveiro.