Lugo, 15 de novembro, 2020. Este proxetco está impulsado pola Rede Museística Provincial, para visibilizar e recoñecer as mulleres da Mariña nos distintos museos da rede. A mostra inclúe retratos de mulleres dos concellos da comarca mariñá e textos arredor do papel das mulleres na comunidade.
A inauguración, na que participarán algunhas das persoas retratadas e
das autoras dos textos, celebrarase de forma virtual ás 12.00 horas.
A exposición, que permancerá no museo ata o 8 de marzo, poderá visitarse de forma virtual pero tamén presencial, atendendo ao protocolo establecido para as visitas no Museo Provincial de Lugo.