Foz, 10 de novembro de 2020. Continúa a programación de teatro no Concello de Foz. A Concellería de Cultura, en colaboración coa Deputación de Lugo, pon en escena este venres ás 20.30 na Sala Bahía a obra Cinco minutos sen respirar, da compañía Ítaca Teatro.
A concelleira de Cultura, Inés López Couto, explica que “é unha obra que retrata os desexos, o medo e a escuridade que pode albergar unha persoa a través de dúas personaxes: Margarita, unha (ex) empregada de banca; e Víctor, un supervisor de supermercado”.
Con esta obra o Concello de Foz sigue co programa Foz fai Cultura, que busca, malia as circunstancias adversas e a crise sanitaria que estamos a vivir, seguir achegando a cultura de forma segura.
O prezo desta actividade será de 5 euros. Seguiranse todas as medidas anticovid e as entradas reserváranse no número de teléfono 982.14.00.27 marcando a extensión de Cultura (3).