LUGO .-Preto de 320 persoas participan esta semana no programa Km0 da a Deputación. Veciños de distintas localidades da provincia visitaran Ribadeo, Viveiro e San Cibrao. Un grupo de estudantes de A Pontenova e veciños de Lugo redescubrirán a provincia con Km0 Xtreme.
Nota de Prensa
Estudantes da Pontenova e veciños de Lugo redescubrirán a provincia con Km0 Xtreme
– No primeiro caso, escolleron a ruta “Multiaventura” que inclúe actividades con canoas, rastreos ou tiro con arco e, no segundo, percorreán Meira en cabalo
– Preto de 320 persoas participan esta semana no programa co que a Deputación demostrou que o medio ambiente é unha oportunidade económica
A Deputada de Economía, Regina Polín, recibiu este martes a un grupo do IES Enrique Murais (A Pontenova) e a outro do CEIP da Ponte de Doiras (Cervantes) dentro de Km0. En total, nas sete rutas organizadas para esta semana dentro do programa medioambiental, participarán preto de 320 persoas.
No primeiro caso, 24 estudantes da Pontenova elexiron a ruta “Multiaventura” incluída na modalidade Xtreme do programa medioambiental, e que permite redescubrir a provincia a través do deporte e da actividade física. Os estudantes da Pontenova, ademais de visitar a Insua de Burneiros e a Fervenza, realizaron actividades con canoas, rastreo ou tiro con arco. A ruta desenvolveuse polo municipio de Rábade. O grupo de 55 escolares de Cervantes viaxou ata a Mariña, onde fixo un paseo fluvial en catamarán pola ría e coñeceu a fábrica de Alcoa, o Castelo Mariño e o Faro de San Cibrao.
O mércores, 24 membros de ASPNAIS de Lugo percorrerán as instalacións do Centro de Artesanía e Deseño para logo desprazarse ata o Concello de Viveiro. No municipio mariñano, visitarán a igrexa de Santa María do Campo, o casco histórico e a praia de Covas. Tamén subirá ó alto de San Roque. Ese mesmo día, 24 integrantes da asociación luguesa “Veciños Xuntos” redescubrirán a Terra Chá coa ruta “A Cabalo” da modalidade Xtreme. A actividade terá unha duración de tres horas e desenvolverase polo municipio de Meira.
O xoves, un grupo de 24 solicitantes individuais viaxarán ata O Incio, onde farán dúas ruta de sendeirismo por este municipio. Completarán o itinerario cunha visita á igrexa do Hospital. Pola súa banda, un grupo de 55 persoas da Asociación Cultural “Peña G.V.” do Páramo decantaranse por Ribadeo. Neste Concello visitarán o Centro de Cultivos Mariños e o mosteiro das Clarisas. Tamén farán unha travesía en barco pola ría.
O venres, día 21, 110 membros da Confederación de Empresarios da Hostalería de Galicia farán a ruta “Augas de Guitiriz”. Asimesmo, aproveitarán a ocasión para visitar a Muralla e a Catedral de Lugo.