Estaba previsto para o vindeiro sábado, 7 de novembro no auditorio municipal de Burela, dada a alerta sanitaria derivada do covid-19 e a limitación de aforo a 60 persoas imposta pola Xunta para os eventos culturais que se realicen en recintos pechados. O concelleiro de Cultura, José Díaz, lamenta “as molestias ocasionadas e trataremos de reprogramar máis adiante dito espectáculo. O importe das entradas xa mercadas será devolto automaticamente a través da plataforma online de ataquilla.com”.