Viveiro, 30 de outubro de 2020. O Concello de Viveiro anima ás familias do municipio a manter viva no tempo e traspasar ás novas xeracións a tradición dos zonchos (coares de castañas cocidas).
“Unha tradición que non podemos perder, pois é un patrimonio cultural inmaterial marabilloso que debemos de recuperar”, asegura a concelleira de Cultura de Viveiro, Lara Fernández Fernández-Noriega.
Trátase dunha tradición moi estendida hai décadas que consistía en ir ao camposanto, no día 1 de novembro, cun coar de zonchos no pescozo para honrar aos finados.
A tradición dos fonchos está relacionada co magosto, ritual funerario que aínda hoxe consérvase coa venda de castañas nas portas dos camposantos. Nalgunhas zonas de Galicia estase recuperando e o Concello de Viveiro anima á veciñanza a facer o mesmo.
O castiñeiro tamén considerouse sempre en Galicia unha árbore funeraria e escritoras como Rosalía de Castro, en Cantares Gallegos, facían referencia a esta tradición: “Has de cantar, que che hei de dar zonchos; has de cantar, que che hei de dar moitos…”.