NOTA DE PRENSA:
O PSdeG DE CERVO CONSIDERA “PURO TEATRO” A ACTUACIÓN DOS CARGOS DO PP COA SANIDADE NA MARIÑA
CONSIDERAMOS UNHA TOMADURA DE PELO QUE O PP CONSIDERE UN LOGRO A REPOSICIÓN DAS AUTOPSIAS DESPOIS DE QUE O GOBERNO DE FEIJOO AS ELIMINARA DURANTE MAIS DUN ANO
CERVO, 14 DE MAIO. Dende o PsdeG de Cervo consideramos unha tomadura de pelo que o PP da Mariña se apunte como logro do goberno de Feijoo, a “devolución” do servizo de autopsias no Hospital da Costa, cando foi o goberno do PP quen o retirou.
Os verdadeiros motivos
Os motivos que obrigaron á Conselleria de Sanidade a mover ficha e a repoñer este servizo, foi a presión dos veciños e plataformas sanitarias de Burela e Monforte; é curioso que sexa precisamente en días previos á convocatoria da manifestación convocada para a zoa de Lemos, cando a Conselleira Pilar Farjas decide trasladarse alí e anunciar a reposición do servizo e o mantemento da autonomía da xestión.
As obras seguen sen comenzar
Mentres os cargos do PP seguen a vendernos a moto na mariña, anunciando y reanunciando cun período mensual o bimensual o comenzo dunhas obras de reforma que xa tiñan que estar rematadas, o certo é que nin a rampa, nin a sala da resonancia, nin a reforma da área de xinecoloxía están aínda en obras. Ademais os veciños de Cervo e a Mariña seguen a sofrir desplazamientos continuos a Lugo para probas diagnósticas sinxelas cos conseguintes custos económicos e de tempo.
Lamentamos que o PP nos tome por tontos anunciándonos a reposición de servizos que eles mesmos eliminan, e despois que os anuncien coma logros propios do deputado de turno.