Barreiros, 22 de outubro de 2020. A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, reuniuse esta mañá co delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias, para trasladarlle algunas das necesidades municipais e abordar a posibilidade de colaboración entre a administración galega e a municipal en distintos ámbitos.
A rexedora trasladoulle a necesidade dunha depuradora para a zona de San Miguel e Reinante e deulle conta das xestións realizadas polo goberno municipal para acadar o finanzamento necesario. Nese sentido, Ermida reiterou que “a regla dos tercios na aportación, tratándose dun investimento tan importante é inasumible para Barreiros”. Por esta razón, tamén puxo enriba da mesa a posibilidade de que a Xunta puidese incluír este proxecto nos destinatarios dos fondos europeos que se poidan recibir.
Outra cuestión sobre a que falaron na xuntanza foi a situación do refuxio de peregrinos de Gondán e a posibilidade de intervención no mesmo coa vista posta no ano Xacobeo. Neste sentido, a alcaldesa explicou que “existe un proxecto para o que se anunciara finanzamento no seu momento por importe de 586.000€ que, de poder desenvolverse, sería sen dúbida un importante impulso para o Camiño Norte e para a zona.”
Ademais destas cuestións, Ana Ermida manifestoulle a necesidade de contar con un centro de día para dar servizo á poboación barreirense e á posibilidade de retomar o convenio anunciado a principio do 2019 de humanización de rúas en San Cosme e San Miguel.
A alcaldesa agradece ao delegado a disposición amosada para afrontar as posibles solucións e agarda que “esta xuntanza sexa o inicio dunha senda de colaboración entre as dúas administración que redunde en beneficio para as veciñas e veciños de Barreiros.”
A Alcaldesa de Barreiros reuniuse co delegado da Xunta para trasladarlle as necesidades do municipio
A Alcaldesa de Barreiros reuniuse co delegado da Xunta para trasladarlle as necesidades do municipio
Relacionado
-
Izamento da bandeira galega na Praza do Souto de San Miguel de Reinante
-
A alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, úrxelle á Xunta unha solución para a situación da estación de autobuses e do transporte escolar no municipio
-
O PP esixe a PSOE e BNG a adopción de medidas de seguridade viaria na LU-P-0701, que asume todo o tráfico procedente da costa coas obras da A6