Ribadeo, 20 de outubro de 2020. O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular de Ribadeo, Daniel Vega, participou na inauguración da exposición permanente ‘Xanelas ao mar’ que promove Acisa Ribadeo coa axuda da Xunta de Galicia e que se poderá ver nos locais de hostalería do porto de Ribadeo e vila de Rinlo.
O popular destaca que “o Grupo Municipal Popular sigue traballando para promocionar os lugares máxicos do noso municipio” e, neste caso, incide en que “esta exposición contribúe á promoción turístico-cultural da vila vinculada ao mar”. De feito, a asociación de comerciantes de Ribadeo ten impulsado con este mesmo obxectivo o ‘Barrio Mariñeiro de Porcillán’ e a ‘Vila Mariñeira de Rinlo’.
A exposición traslada, segundo Daniel Vega, “unha serie de valores coma o sacrificio e a entrega aos labores do mar” e “resalta o papel da muller no sector”. Así mesmo, defende que a mostra constitúe “un novo esforzo económico da Xunta en apoio ao sector hostaleiro”. E engade que “o Grupo Municipal Popular de Ribadeo reivindica a xestión de orzamento para apoiar ao comercio local en momentos de dificultade”.
‘Xanelas ao mar’ poderase ver no restaurante San Miguel, o Náutico, a Taberna do Náutico, no Fogar do Mariñeiro, Marinero, La Solana e no hotel A G Porcillán en Ribadeo; mentres que na vila de Rinlo os establecementos hostaleiros participantes neste iniciativa son A Cofradía, Portillo, A Mirandilla, Porto de Rinlo, Stop e La Villa.
Ampliación da exposición
Vega convida aos veciños a visitar a exposición na que se pode observar “o pasado do sector, pero tamén o seu presente” e explica que “a segunda parte da exposición percorrerá tódalas rúas de Rinlo e tamén todo o porto de Ribadeo”. Esta iniciativa inclúe tamén a realización dun documental “para poñer en valor o papel fundamental da muller no mundo mariñeiro”.