Mondoñedo, 16 de outubro, 2020. Este sábado terá lugar unha xornada de promoción do Camiño de Santiago en Mondoñedo ao longo de todo o día.
O lugar de celebración, da xornada será o Centro de Interpretación do Camiño de Santiago en Mondoñedo de 11:30h a 13:30h e está aberto ao público ata completar aforo segundo as normas Covid-19 vixentes.
Constará de tres conferencias a cargo de Juan Ramón Fernández Pacios, Francisco Jesús Ares Vázquez e Pablo Rivera Bua. Completaría o acto de pola mañá a actuación musical de Lucía Pérez.
A xornada de tarde, dada a actual normativa de saúde, será pechada para os membros da Orde do Camiño de Santiago.
Programa de actos de 17 de outubro de 2020:
Lugar de celebración: Centro de Interpretación do Camiño Norte.
11:30h. Chegada ao Centro, recepción por parte de autoridades do Concello de Mondoñedo e presentación do evento.
11:45h. Conferencia: “Mondoñedo e o Camiño Norte: Pasado y Presente”
Juan Ramón Fernández Pacios Licenciado en Xeografía e Historia
12:10h. Conferencia :“O Camiño de Santiago, Camiño Cultural Europeo”
Francisco Jesús Ares Vázquez, Presidente da Asociación de Turoperadores de Galicia
12:35h. Conferencia: “Datos do Camiño de Santiago en 2018 e 2019. Caso particular do Camiño do Norte”. Pablo Rivera Bua. Secretario Xeral da Rede Ibérica de Entidades Tranfronterizas RIET Europa
13:00h. Actuación Musical de Lucía Pérez (cantante galega participante en Eurovisión)
15:30h. Saída dende o restaurante para visita guiada a Mondoñedo.
15:45h. Visita guiada a Mondoñedo: Itinerario: Paseo polo Casco Histórico de Mondoñedo partindo dende a Praza da Catedral comezando cunha breve introdución histórico e logo pasar a explicar o conxunto da praza: Catedral –exterior-, Pazo Episcopal –exterior-, consistorio vello e outros elementos menores.
Continuación do paseo por Fonte Vella, Seminario Santa Catalina, Museo da Imprenta, Muralla Medieval, Igrexa Parroquial de Santiago, Casa Consistorial e Convento da Concepción. Todas as visitas serían exteriores agás o Museo da Imprenta e os baixos da Casa do Consistorial.
17:30h. Remate da actividade.