Santiago, 8 de outubro de 2020.- O deputado do Grupo Popular Daniel Vega confirmou hoxe no Parlamento de Galicia, ante a petición do Grupo do PSOE de arranxo da LU-741, ao seu paso polo municipio de A Pontenova, que a Xunta de Galicia xa ten redactado o proxecto de mellora desta estrada e, polo tanto, xa está a traballar na súa próxima mellora.
En concreto, Daniel Vega explicou que o Goberno galego destina ao reforzo do firme, con aglomerado en quente, á renovación da sinalización e á mellora da seguridade desta estrada 400.000 euros. “É dicir, a Xunta ten previsto facer máis que o que pide o Partido Socialista”, indicou o deputado popular.
Así mesmo, puxo en valor que “existe un compromiso claro coa nosa comarca” por parte da Xunta, tal e como se demostra no investimento de 1,8 millóns de euros nesta vía, así como nas LU-636 e LU-546; e os 1,3 millóns na que comunica A Pontenova, con Riotorto e Riotorto con Mondoñedo.
“Non entendemos, por tanto, esta actitude de despistado dos socialistas. Nós, sen embargo, seguiremos facéndolle caso á xente e xestionando orzamento para mellorar as infraestruturas e, sobre todos, os municipios máis rurais”, conclúe Vega.