Riotorto, 9 de setembro, 2020. A estrada LU-P-4404 de titularidade provincial denominada “de Riocabo, por Piñeiro e Aldurfe, ás rodrigas” no tramo Rodrigas-Aldurfe atopase nun estado lamentable, tendo baches en todo o seu trazado e estando o firme nun estado irregular.
Trátase de 6 km de trazado entre o PK 12 e o PK 18. En estes 6 km o estado do firme é irregular, e si falamos do tramo entre o PK 18 e PK 15 está o firme totalmente levantado e faise intransitable para vehículos.
Os veciños dos núcleos de Teixeiro, Espasande de Arriba e Aldurfe están demandando o arranxo inmediato desta estrada que comunica o casco urbano de Riotorto con estes pobos, sendo a única vía de comunicación posible entre os mesmos.
Por este motivo é prioritario para os veciños de Riotorto o acondicionamento urxente deste vial, para garantir a seguridade dos vehículos e disponer dunha estrada en boas condicións.
Despois de comunicar persoalmente o Sr. Presidente da Deputación está demanda en días pasados, solicitando e demandando o acondicionamento deste tramo da estrada con aglomerado en quente, a data de hoxe non temos ningún compromiso en firme sobre a súa execución.
A corporación municipal en pleno aprobou no ano 2019 por unanimidade de tódolos grupos a solicitude de arreglo desta estrada.
Despois de numerosos escritos tanto o Sr, Presidente como a Vías e Obras, a estrada sigue igual.
Solicitamos que a maior brevidade posible se realice o proxecto de acondicionamento desta estrada e se licite a súa execución, xa que cada vez está máis intransitable.