A Mariña, 4 de setembro de 2020. Do 8 ao 10 de setembro seguirán os roteiros de A Mariña en Ruta por paraxes de O Vicedo, Cervo e Xove. Esta iniciativa da Mancomunidade está a ter moi boa acollida entre os asistentes.
O vindeiro martes, día 8, terá un lugar un paseo entre volcáns, en O Vicedo, que será guiado por Francisco Canosa. Os participantes nesta ruta poderán descubrir unhas rocas que hai millóns de anos formaban parte dun conxunto de volcáns de máis de 600 quilómetros de lonxitude. Tamén visitarán lugares onde as rocas falan do pasado xeolóxico desta parte da Mariña lucense, de qué cambios se foron producindo nelas ata chegar ao aspecto que teñen na actualidade.
Municipio: O Vicedo.
Data: 8 de setembro do 2020.
Hora de inicio: 10:00 horas.
Duración: 3 horas.
Lugar de início: Restaurante Area Grande (Praia de San Román, O Vicedo).
Dificultade: Baixa.
Observacións: Uso de roupa e calzado cómodo. Gorra e crema solar ou chaqueta impermeable (roupa acorde coa meteoroloxía do día). Auga.
Prazas dispoñibles: 15.
O roteiro pola Península da Paz, en Cervo, desenvolverase o 9 de setembro e estará guiado por Noela Feal. Os asistentes rodearán o litoral do pobo pesqueiro de San Cibrao descubrindo a súa historia e os seus costumes. Verán a praia de O Torno coa súa famosa Maruxaina e coñecerán a súa historia. Subirán á Punta Atalaia, onde se atopa un bonito faro e pasarán pola vella zona pesqueira. Ademais terán a oportunidade de deleitarse fronte a Os Farallóns e A Anxuela. Chegarán á praia de Cubelas e ás súas ruínas, coñecendo o pasado baleeiro da vila e visitarán unha antiga fábrica de salgadura.
Municipio: Cervo.
Data: 9 de setembro del 2020.
Hora de inicio: 11:00 horas.
Duración: 2 horas.
Lugar de inicio: Parque Reina Sofía, San Cibrao (Cervo).
Dificultade: Baixa.
Observacións: Uso de roupa e calzado cómodo. Gorra e crema solar o chaqueta impermeable (roupa acorde coa meteoroloxía dol día). Auga. Pódese levar roupa de baño.
Prazas dispoñibles: 15.
E ata o Pozo da Ferida, en Xove, chegará o roteiro previsto para o 10 de setembro, que será guiado tamén por Noela Feal. Trátase dunha preciosa ruta circular de 2 quilómetros de ida en descenso e 2 quilómetros de volta en ascenso. A primeira metade faise por pista asfaltada e a segunda por camiño de terra que se vai estreitando ata chegar a ver unha impresionante caída de auga de 30 metros de alto, a máis alta da zona. Quen o desexe pode introducirse na súa pequena e fresca lagoa rodeada de árbores autóctonas. Á volta coñecerán outra pequena caída de auga do río Loureiro, afluente do río Landro.
Municipio: Xove.
Data: 10 de setembro do 2020.
Hora de inicio: 11:00 horas.
Duración: 2 horas.
Lugar de inicio: Marquesina do cruce entre Xove e Valcarría. Coordenadas: 43°36’58.1″N 7°31’28.6″W (foto)
Dificultade: Media.
Observacións: Uso de roupa e calzado cómodo. Gorra e crema solar o chaqueta impermeable (roupa acorde coa meteoroloxía do día). Auga. Pódese levar roupa de baño.
Prazas dispoñibles: 15.
Desde A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense a axente de Desenvolvemento Turístico, Tania Hermida, anuncia que o 12 de setembro haberá unha ruta polo Valadouro e os días 20 e 26 por terras de Mondoñedo: “repetimos a ruta da Fraga da Furna, no Valadouro, con Óscar Chao de Proxecto Rebinxe, por ser de todas as ofertadas, a que contou con maior lista de espera. E no caso de Mondoñedo, tamén repetimos a Ruta das Mil Historias, ao ser á que mais lle afectaran as restricións de aforo aplicadas na Mariña a principios do mes de agosto polo brote de Covi19 que se dera en xullo, polo que se quedara bastante xente fora. Ademais, proponse unha nova: Roteiro Cunqueiriano, tamén da man da guía oficial Claudia del Pino. Con estas rutas durante as fins de semana do mes de setembro queremos dar unha nova oportunidade a toda esa xente ademais de axudar, na medida das posibilidades, a alongar a tempada estival, motivando a visita e escapadas de fin de semana á Mariña Lucense da man do ecoturismo e do turismo de proximidade”.
Desde a Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense lembran que os prezos dos roteiros son: 5 euros individual / 8 euros parella / 12 euros familiar ou grupo ata 5 membros.
A Mariña en Ruta é unha iniciativa da Mancomunidade que se realiza coa colaboración da Axencia de Turismo de Galicia e, para a súa promoción, da Deputación de Lugo.
Para máis información:
https://enruta.amarinalucense.gal/