VIVEIRO .- O equipo alevín da Escola de Fútbol Viveiro, adestrado por Kiko Rei, continúa adiante no Campionato Galego Alevín, Copa Centenario da R.F.G.F., logo de eliminar ao Perlio por un global de 7 – 4 (4 – 4 na ida e 3 – 0 na volta).
O equipo viveirense é o único representante lucense clasificado para oitavos de final e ten como próximo rival ao R.C.Deportivo da Coruña.
O partido de ida disputarase este sábado 8 de maio ás 11:30 h. no Estadio Municipal de Viveiro e a volta será o mércores 12 ás 19:30 h. na Ciudad Deportiva do Coruña en Abegondo.