Foz, 27 de agosto de 2020. O Concello de Foz programa actividades da iniciativa Cultura na rúa en recordo da Festa Normanda esta fin de semana, sábado e domingo.
O alcalde, Fran Cajoto, explica que “este ano por mor do COVID-19 non se pode celebrar a Festa Normanda, pero temos unha programación cultural en recordo, con sentidiño”.
O sábado Perkusiona ofrecerá un pasarrúas de batukada a partir das 13:00. Á mesma hora na paseo da Rapadoira terá lugar un concerto do grupo Super Glu. Na Praza Conde de Fontao haberá o espectáculo infantil Os Monifates ás 18:00 e ás 20:00 horas e o espectáculo circense de Troula Animación ás 19:00 horas. Ás 21:00 horas haberá de novo pasarrúas de batukada a cargo de Perkusiona. E rematarán as actividades desa xornada cun novo concerto do grupo Super Glu ás 21:30 horas na praza Conde de Fontao.
E o domingo José Brea e Pocho Taxes ofrecerán dous concertos: ás 13:00 horas no paseo da Rapadoira e ás 21:30 horas na praza Conde de Fontao.