Viveiro, 16 de agosto, 2020. Aínda despois de que o PSOE tumbase a moción para un Viveiro ciclábel que daría solución e seguridade ás persoas que utilizan a bicicleta, Míriam Bermúdez insiste na creación dunha Comisión de Estudo e Seguemento co fin de impulsar a creación vías ciclábeis ao longo de todo o concello, instalar aparcabicis que permitan atar a bici ao cadro nos sitios de gran afluencia, crear e promover campañas de sensibilización e apoio ao medio ciclábel, etc. Así como tamén proporá o BNG, un sistema de alugueiro de bicicletas municipal no que, a través dunha reducida cota mensual ou anual, se poderá acoller calquer veciñx e visitantx a este sistema de prestamo de bicicletas que o concello poñerá a dispór nos distintos puntos distribuidos por todo o concello, permitindo desprazarse cómoda, rápida e saudábelmente por Viveiro e parroquias.
Míriam Bermúdez aclara que a alcaldía é o único organismo con potestade para crear comisións e insiste na creación desta comisión permitindo a participación aos membros das asociacións interesadas (veciñais, deportivas, etc) do municipio así como a un membro de cada formación política. Polo que lle pregunta á alcaldesa María Loureiro canto máis ten pensado agardar para creala e poñer ao día a mobilidade urbana de Viveiro.