Nota de Prensa
NOTA DE PRENSA
Balseiro matiza ao Alcalde de Viveiro
MENTRES QUE O ALCALDE DE VIVEIRO NON ADOPTE O ACORDO PLENARIO NO QUE RATIFICA A CESIÓN DOS TERREOS A SOGASERSO BLOQUEARÁ A APERTURA DA RESIDENCIA DE VIVEIRO
A Mariña lucense, 5 de maio de 2010.- O deputado popular Jose Manuel Balseiro Orol mantivo que mentres que o Alcalde de Viveiro non propoña á Corporación Municipal que adopte o acordo plenario no que se ratifica a cesión dos terreos á Sociedade Galega de Servizos Sociais bloqueará a apertura da nova residencia para persoas maiores de Covas, privando a todos os posibles beneficiarios deste servizo.
Balseiro rexistrará varias iniciativas parlamentarias co obxecto de clarexar estes atrancos que o Alcalde de Viveiro está a establecer e lembrou que a ratificación da cesión dos terreos a SOGASERSO non é incompatible coa posibilidade de requirirlle -noutro acordo plenario distinto- que faga deste xeito ou doutro o proceso de selección de persoal.
Finalmente o deputado popular lembrou que SOGASERSO é unha sociedade participada polas caixas de aforro de Galicia e polo tanto, que como estas entidades, ten como obxecto un fin público non esencialmente mercantil.