Burela, 3 de agosto, 2020. A salmantina Bea Mateos Galache cumprirá a súa oitava tempada de laranxa nun Pescados Rubén Burela FS que seguirá apostando polo gran bloque en 2020-21. A renovación da ala-peche a outros dous baluartes da escuadra mariñá, a porteira Jozi e a pichichi do equipo, Peque, con contrato en vigor.
“Para min é un orgullo seguir defendendo este escudo y formar parte un ano máis desta gran Familia Laranxa”, explicaba a 14 burelista, despois de pechar a tempada levantando o trofeo de liga 2019-20 en Málaga. “Estamos nun club feito para gañar, que compite por todos os títulos. Oxalá poidamos seguir dando alegrías á nosa afección” confesaba Bea Mateos, á que o triplete de 2019-20, coa liga precedida de Supercopa e 4Nations Futsal, só lle dá máis ánimo para seguir medrando.
Co inicio de pretempada marcada paro o 10 de agosto e a estrea de competición regular para o 5 de setembro, a burelista confía en recuperar a normalidade: “Pasámolo mal todos; oxalá poida restablecerse pouco a pouco a normalidade para competir ao máximo. Desde aquí quero mandar unha mensaxe de apoio á xente que máis sufriu, coa perda dalgún familiar ou que se viu prexudicada laboralmente” reflexionaba Bea.