Viveiro, 28 de xullo, 2020. No paseo fluvial do río Landro que está incluído na Rede Natura 2000 e na Zona de Especial Conservación, existen diferentes puntos de vertido de augas residuais, un deles ubicado na zona do campo da festa de Xunqueira no que ademais se están a acumular plásticos, entre outros residuos, nas xunqueiras e beiras do río. Tamén se pode observar a expansión de especies foráneas e invasoras, principalemente eucaliptos e “pampas” ou “plumachos”, que están a ser unha clara ameaza para ás árbores autóctonas e a biodiversidade deste espazo de especial conservación. Polo exposto, O BNG roga á Sra. Alcaldesa que realice unha mellora medioambiental na contorna do río Landro mediante a localización e eliminación dos puntos de vertido de augas residuais e se proceda, de xeito gradual, á eliminación de especies foráneas por outras autóctonas.