A Pontenova, 20 de xullo de 2020. O Alcalde da Pontenova, Darío Campos Conde, criticou este luns a nula atención médica que padecen os veciños e veciñas da Pontenova, xa que unha vez mais coñecemos a política letal do PP no noso Concello. “Dende fai mais dunha semana só hai un medico para atender aos pacientes da vila. Primeiro suprimiron unha praza das tres que había, e agora un hai unha baixa e non a cobren”, criticou o rexedor.
“Atopámonos na época estival, unhas datas especiais cando a nosa poboación medra, pero os nosos visitantes e veciños ven mermados os seus dereitos sanitarios, xa que o centro de saúde conta cun médico menos para atendelos. Estamos atravesando unha pandemia tan grave como a do COVID, e así é como atende o Goberno de Feijóo aos veciños da Pontenova”, insistiu.
“Os veciños do rural merecemos unhos servizos públicos de calidade, máxime nun municipio como a Pontenova cunha poboación altamente envellecida, onde os pacientes xa contan cunhas patoloxías que merecen mais atención e máis tempo de consulta. Por iso non podemos consentir que nos supriman servizos. Non podemos, nin debemos quedar calados ante este novo recurte dos servizos sanitarios no noso centro saúde”, dixo Campos Conde.
“Esiximos ao PP que cubra a praza médica da Pontenova para que as veciñas e veciños poidan ser atendidos con tódalas garantías médicas. Un médico non chega para atender aos 2.300 veciños”, resumiu o rexedor.