Será mediante a modalidade de obra ou servizo determinado a tempo completo e por un período de catro meses. Entre os criterios específicos que se esixen figuran o certificado de estudios primarios ou de escolaridade e o carnet de conducir da clase B. Valoraránse os servizos prestados no Concello de Ribadeo, noutras administracións públicas ou en empresas privadas de Ribadeo ou de fora do termo municipal en postos de traballo de contido análogo ou categoría semellante ao das prazas a que se opta. A documentación deberá presentarse no rexistro xeral de entrada do Concello en orixinais e copia para a súa compulsa ata ás 14 horas do 14 de maio para as ctaro prazas de limpeza viara e para as catro restantes,limpeza e apoio á xardinería, hasta o 18 de maio . As persoas seleccionadas deberán aportar de xeito previo á formalización do contrato certificado médico acreditativo de estar apto para o posto de traballo.
O Concello de Ribadeo contrata a oito operarios, catro meses, para a limpeza viara, limpeza e xardinería
O Concello de Ribadeo contrata a oito operarios, catro meses, para a limpeza viara, limpeza e xardinería
Relacionado
-
O pasado domingo, 17 de novembro, reuniuse unha boa representación da familia Amieiro, de San Miguel, no restaurante El Huerto, en Villaframil, Ribadeo
-
Este pasado domingo, 17 de novembro, tivo lugar a tradicional comida próxima ó Nadal da Peña Deportivista de Burela
-
A Garda Civil investiga á suposta autora dun delito de simulación de delito de Barreiros