Xove, 8 de xullo de 2.020. Por mor do Covid-19, co fin de garantír as máximas precaucións sanitarias, dende o Concello de Xove tómanse as seguintes decisións:
-Cancelar tódalas reservas de espazos públicos (usos de pavillón, salón de actos, …) ata novo aviso.
-Cancelar os usos dos espazos públicos deportivos (piscina, campos de fútbol, pavillón, boleras,..) e culturais (salón de actos,..) ata novo aviso. A Biblioteca Municipal, que permanecía aberta ao público con aforo reducido, tamén se pecha ata novo aviso.
-Péchanse os 2 parques públicos de Xove e tamén o de Palmeiro.
-Péchanse os baños públicos, concretamente os situados nun lateral do Pavillón de Deportes.
-O Concello vai seguir aberto, iso sí, con cita previa telefónica para evitar aglomeracións.
En definitiva, tómanse este conxunto de medidas debido ao brote de covid-19 na Mariña e co fin de axudar á saúde pública, evitando, no posible, que se produzan contaxios.