Será este xoves 18, ás 12h diante do Concello.

Durante o seu percorrido pola feira, a conselleira puxo de relevo a importancia de eventos deste tipo que contribúen á dinamización das zonas rurais e, neste caso, a dar a coñecer o traballo que desenvolven estes artesáns do ferro.
O conselleiro do Mar asistiu ao xantar da III Festa das Xeracións na carpa da Praza dos Campos.
En total puxeron á venda 300 kgs de mexillóns na carpa instalada para a celebración deste evento gastronómico, que tivo por obxectivo poñer en valor un produto do mar como é o mexillón. A xornada contou con amenización musical. Ata Rinlo se achegaron o alcalde, Dani Vega, as concelleiras de Turismo, Cultura e Benestar Social, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo e Elena Sierra, e o conselleiro do Mar, Alfonso Villares.
Tras o partido que se decidiu na tanda de penaltis a favor do equipo da Mariña, o responsable provincial valorou "o encontro como unha mostra do gran nivel do fútbol sala feminino na provincia con dous equipos que ofreceron unha gran espectáculo deportivo" e destacou "o bo ambiente no pavillón coas afeccións apoiando en todo momento ás súas xogadoras".
Chámase Jilgueritos e xa se integrou na Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos (ACISA) de Ribadeo.
Está fixada para as 20:00 horas en primeira convocatoria e media hora despois en segunda. A orde do día inclúe estes asuntos a tratar: lectura e aprobación, se procede, da acta da asemblea anterior; estado de contas da asociación; informe de actividades desenvolvidas; informe do director da Banda; e preguntas e suxestións.
Uns corenta nenos/as participaron nas actividades que se desenvolveron ata o 21 de abril, en horario de 8:30 a 14:30 horas. Desfrutaron de diferentes inchables, portería de puntuación, xogos interactivos, pista de futbolín...(na carpa instalada na Praza dos Campos) e están a realizar manualidades e diferentes actividades didácticas nas aulas habilitadas na Casa do Mar.
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital