Lugo, 13 de xuño de 2020. Os deputados do PSdeG-PSOE pola provincia de Lugo no Congreso, Ana Prieto e Javier Cerqueiro remarcaron hoxe que “o aumento no número de becas, impulsada polo Goberno de Pedro Sánchez, servirá como escudo compensador ante as consecuencias da COVID-19, e serán compatibles co Ingreso Mínimo Vital, reforzando así a equidade básica”.
A Deputada Ana Prieto explicou que “estas novas medidas supoñen unha nova inversión de 386 millóns de euros máis para o curso 2020-2021 (un aumento do 22%), o que supón a maior subida histórica nunha década, ata chegar aos 1.900 millóns de euros, e beneficará ao 91% do total dos becarios actuais”. Concretamente na provincia de Lugo beneficiaranse 2.476 alumnos que cursan ensinanzas non universitarias, aos que hai que engadirlle ademais os datos dos alumnos de estudos universitarios na nosa provincia.
“Trátase de reconducir as políticas educativas e reforzar a equidade, a través dun modelo redistributivo de becas máis xusto e eficaz, para expulsar da educación a desigualdade. A reforma eleva o limiar 1 ata equiparalo ao limiar da pobreza. Este baremo económico non se actualizaba desde o curso 2010-2011 e agora beneficiará a 161.603 alumnos”. Outras das novidades que inclúe esta convocatoria é “que por primeira vez, o alumnado con Trastorno do Espectro Autista (TEA) poderá acceder á convocatoria de axudas para estudantes con necesidades específicas de apoio educativo segundo o seu nivel de renda familiar”.
Modelo de recortes en Galicia
A Deputada socialista tamén fixo alusión ao investimento do Goberno de Pedro Sánchez, quen anunciou que destinará 2.000 millóns de euros a fondo perdido ás comunidades para que poidan facer fronte á reapertura dos centros educativos en setembro, para cumprir coas medidas de seguridade tralo COVID. “Aquí constatamos dous modelos, o do PP e Feijóo que pediu liberdade para destinar esa partida educativa a outros fins. Por iso quero reafirmar que os socialistas defendemos un dereito á educación avanzado e universal para construír unha democracia máis xusta, con mellores empregos e cunha prosperidade inclusiva. E pola contra o PP en Galicia defende un modelo de recortes e retroceso en materia educativa, tal e como queda demostrado”, sentenciou.
A educación é un dereito non o privilexio
O Deputado Javier Cerqueiro sinalou que “os socialistas defendemos un modelo vertebrado en torno á escola pública, a equidade, a profesionalidade docente, a participación e a rendición de contas para que o sistema e os resultados melloren de forma continuada, ofrecendo transparencia, altas expectativas e recursos de calidade, para todos e todas sen segregación algunha, porqué a educación é un dereito e non o privilexio de quen pode pagala”.
O modelo Wert supuxo un recorte de 1.500 millóns de euros
Por último criticou que “os sete anos de vixencia do modelo Wert supuxeron un recorte de 1.500 millóns de euros nesta materia, evidenciando, unha vez máis, que a dereita defende unha educación cun claro sesgo clasista e segregador en todos os niveis”.