Burela, 11 de xuño, 2020. O Pescados Rubén Burela FS xogará directamente a final dos play off exprés de Primeira Feminina en Málaga, o domingo 28 de xuño; así o deu a coñecer a RFEF este mediodía. A renuncia de Futsi Atlético Navalcarnero deixa a escuadra das Guerreiras Laranxas como o mellor clasificado dos tres aspirantes ao título; de tal xeito, as mariñás agardarán na gran pugna o vencedor da semifinal entre Ourense Envialia e AD Alcorcón, que se disputará o venres 26.
Partido 1/2 Final:
Venres 26 de xuño (horario por definir) Ourense Envialia FSF – AD Alcorcón FS
Partido Final:
Domingo 18 de xuño (horario por definir) Pescados Rubén Burela FS – Gañador (Ourense Envialia FSF- AD Alcorcón FS)
Tras a Supercopa de España conquistada en Las Rozas ante Futsi, o Pescados Rubén Burela FS pelexará en terras andaluzas por un novo título da tempada, nunha nova festa do fútbol sala. O Palacio dos Deportes José María Martín Carpena non só será sede para Primeira Feminina senón que tamén acollerá o título de Primeira Masculina, entre o día 23 e o 30, e a praza de ascenso a esta categoría, desde Segunda, entre o 26 e o 29.