A Mariña, 05 de xuño de 2020. O dúo santiagués Boyanka Kostova, pioneiro do trap galego, vén de estrear o vídeo “Muinheira do Interior”, que acompaña o lanzamento do seu novo disco Os dous de Sempre.
O videoclip, rodado no mes de marzo antes da pandemia da covid-19, foi dirixido polo realizador Xaime Miranda, quen contou cos mariñans Iago Vilarinho, como director de fotografía, e con Claudia Muiño, Sabela Blanco, Lucía Ramiro e Nuno Pico na produción.
A rodaxe deste novo traballo de Xaime Miranda, que xa está disponible en Youtube, levouse a cabo no porto de Morás (Xove) e no CENIMA (Foz), nuns escenarios nos que destaca o contraste entre as arquitecturas e o colorido dos traxes, ao tempo que mestura a tradición (gaitas, baile, traxes) con elementos e paisaxes distópicas.
Na realización desta peza audiovisual o director contou coa colaboración, como extras e corpo de baile, de grupos folclóricos e culturais da zona: Grupo Folclórico Mistura (San Cibrao), A.C. Airiños do Xunco (Cervo), Agrupación Folclórica O Feitizo (Foz), A.C Saiñas (Xove) e co apoio loxístico do Concello de Xove.