Acto de entrega de trofeos aos catro equipos participantes na fase final do campionato provincial de baloncesto en categoría infantil feminina celebrado onte sábado, 24 de abril, no pavillòn municipal de Cervo. Este evento, incardinado dentro do programa “Deporte Escolar”, contou coa organización da Agrupación Deportiva “A Mariña”, o Concello de Cervo, o Servizo Provincial de Deportes da Secretaría Xeral da Xunta de Galicia e a Delegación Lucense da Federación Galega de Baloncesto, cuxos representantes acudiron a presenciar os diferentes partidos e presidiron a entrega de trofeos.
Equipos da fase final do campionato provincial de baloncesto infantil feminina celebrado no pavillón de Cervo
Equipos da fase final do campionato provincial de baloncesto infantil feminina celebrado no pavillón de Cervo
Relacionado
-
Traballadores de Alcoa cortan a A-8 na ponte dos Santos
-
O Museo Provincial de Lugo acolleu este venres a presentación do libro “Da vila do Castro d´Ouro ao concello de Alfoz: oitocentos anos na Historia”, número 21 da serie “Monografías de Cuadernos de Estudios Gallegos” (Editorial CSIC)
-
O pasado domingo, 17 de novembro, reuniuse unha boa representación da familia Amieiro, de San Miguel, no restaurante El Huerto, en Villaframil, Ribadeo