Lugo, 7 de maio de 2020. A Xunta de Galicia formaliza nesta semana un novo envío de material de protección contra o coronavirus dirixido ás catro residencias que ten integradas na súa rede a Deputación provincial de Lugo, isto é, os centros residenciais de Pol, Trabada, A Fonsagrada e Ribadeo.
Nesta ocasión, son 5.819 unidades de protección, que consisten en 3500 luvas, 2.200 mascarillas cirúrxicas, 81 batas, 26 botes de xel hidroalcohólico, 12 garrafas de desinfectante.
Trátase da cuarta ocasión na que o Goberno galego distribúe este material de protección que busca mellorar as condicións de seguridade dos profesionais que traballan nestes centros de atención a persoas maiores.
Co envío desta semana son xa 24.363 as unidades de protección distribuídas a estes centros, que suman, 13.400 luvas, 10.400 mascarillas cirúrxicas, 140 botes de xel hidroalcohólico, 92 garrafas de desinfectante, 70 mascarillas FFP2, 180 batas impermeables, 61 mandís, 20 pantallas faciais de protección e 119 batas
Para a distribución emprégase a nova plataforma loxística posta en marcha pola Xunta, que permite que as achegas se reciban directamente nos centros e residencias, sen necesidade de desprazamento.