Ribadeo, a 5 de maio de 2020. O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular Ribadeo, Daniel Vega, insta ao alcalde da localidade a que o Concello tamén se sume ao loito oficial declarado en Galicia pola Xunta como mostra de solidariedade coas vítimas do Covid-19.
“Trátase, di Vega, dunha mostra solidaria con todas as persoas que, lamentablemente, faleceron na pandemia”. “Cremos que o Concello tamén debe ser unha institución máis na que as bandeiras ondeen a media asta. Facelo non é un acto político, é un exemplo de cariño con todas as vítimas”, explica.
Tal é así que os populares propoñen ao rexedor que convoque á Xunta de Voceiros para abordar este asunto que, de seguro, “contará co voto unánime de todos os grupos políticos”.
“Cremos que é un xesto de xenerosidade e tamén de apoio a todas as familias que perderon un ser querido sen tan sequera poder despedilo”, conclúe o popular.