Pasan os días e, polo menos eu, por moito que nos digan que as cousas están a mellorar, que o peor xa pasou, teño a sensación de ir no sentido contrario a ese optimismo, un optimismo que mesmo fai que algúns decidan deixar de lado toda prudencia e rexeitar as precaucións que, non hai dúbida, son a única razón de que a desgraza que estamos a vivir non sexa ainda mais tráxica.
Todos estamos desexando recuperar a nosa normalidade, ou así debería ser, pero, cada persoa é un mundo, e cada unha ten a súa historia, e hai algunha, desas que a sociedade prefire ignorar, que encolle o corazón.
Mentras os nosos políticos están, e sinto ter que dicilo, a utilizarnos, manexando as nosas vidas e xogando coa nosa saúde nun debate totalmente inconcebible e que non debería plantexarse de modo ningún sobre a necesidade de prorrogar ou non o estado de alarma facendo prevalecer tan so os seus intereses políticos, hai quen está vivir o seu particular drama, que, cando chega a saberse, engadido ao debate do que acabo de falar, define en que pais estamos a vivir, e, sobre todo, en que mans estamos.
Ana, nome que non é real, evidentemente, leva xa tempo vinculada a Si, hai saída.
Por fortuna, o drama que a troxo a nos, a violencia de xénero, e xa tan so un mal recordo, mais ainda quedan pegadas del, como é a súa precaria situación laboral e, porén, económica.
A vida de Ana é unha contínua e semella que interminable, carreira de obstáculos que corre ata a extenuación sorteando unha débeda tras outra.
Aluguer, luz, gas…son termos case malditos para ela que a deixan sen folgos cada mes, e que, cando comeza a recuperalos, xa están ahí de novo.
É unha auténtica estratega manexando prazos, tapando un furado con outro, e seleccionando que pago pode demorar, para dar prioridade aos mais urxentes, algo complicado, porque todos o son.
Ainda así, e malia que gasta o xustiño para poder sobrevivir, e non sempre nas condicións que serían de desexar para ela e para calquera persoa, cando consigue reunir os cartos do aluguer, xa se amontoan outras facturas que, as veces, por pura desesperación, por esgotamento emocional, cando as recolle da caixa do correo, non se molesta nin en abrilas. Para qué? Xa sabe o que poñen, e, por mais que as lea, por mais cálculos que faga, os cartos non caen do ceo.
E non hai vicios que poida deixar de lado.
A súa vida é da casa ao traballo, do traballo a casa, e moi poucas veces se permite o luxo de mercar unha sinxela Coca Cola por mais que lle apeteza. Cada céntimo conta.
Ana non lembra cando puido xantar peixe por última vez, nin un filete.
A pasta é o seu plato estrela, e por mais que sempre lle gustou, chegou a un punto no que xa a satura, pero é barata, saciante, e un só paquete lle da, como mínimo, para dúas comidas.
Non hai opción.
Para Ana un bo día é aquel no que a media mañá ainda non a chamaron para reclamarlle o pago dalgunha débeda, pero sabe que, mais tarde ou mais cedo, as chamadas chegarán, conseguindo desquiciala, porque Ana non é unha morosa profesional.
É, como tantas outras persoas, unha vítima mais das circunstancias e, sobre todo, dun sistema que esquece e deixa desprotexidos aos mais vulnerables.
A súa é pura necesidade.
A ameaza dos cortes de suministros sempre a sobrevoa, e mais dunha vez aterrou, tinguindo ainda por riba a súa desesperación de escuridade e de frío, por mais que suplicara, por mais que prometera pagar as facturas en canto puidera.
O mantra dos teleoperadores é sempre o mesmo, señora isto, señora o outro, o sinto por vostede señora, pero non hai clemencia para o pobre!.
E a piques de vivilo de novo estaba cando o estado de alarma foi decretado, e, con él chegou a prohibición de cortar os suministros mentras estivera vixente.
Ainda así, a ameaza de corte chegou, e soamente un rosario de chamadas, escritos, e a promesa dunha mala publicidade nos medios de comunicación para a compañía eléctrica frearon momentaneamente o proceso, pero coa advertencia de que, desde o minuto un no que o estado de alarma sexa levantado os seus suministros serán cortados de inmediato.
Ana contábame hai un par de días, chorando, que se sentía moi miserable, mesmo culpable, pero que estaba angustiada pensando en que finalmente non se prorrogue o estado de alarma, porque para ela esa vai ser a puntilla final.
O día que remate, vai quedar sen luz, sen gas, e sen teléfono, porque non poderá nin cargar o seu móvil, e, o peor de todo, non ten solución. A súa situación non vai mudar dun día para outro, e menos nas actuais circunstancias.
De feito, sabe que non ten nin a mais mínima oportunidade de que así sexa, e xa non pode mais.
Seguir illada na súa casa é para ela preferible ao desolador panorama que lle agarda cando o confinamento remate.
A historia de Ana non é a única, nin moito menos, por desgraza, e isto debería servir para facernos reflexionar e preguntarnos en que pais vivimos para que a única alternativa a unha total e absoluta miseria para algunhas persoas, moitas mais das que se poida imaxinar, sexa a continuidade dun estado de alarma.
Que tantas persoas, porque son moitas as que están a vivir este pesadelo, vexan no confinamento o único alivio posible a miseria, é a mostra evidente de que algo se está a facer mal, moi mal.
Qué clase de sistema é o noso que fai que haxa xente para que a volta a normalidade implique a condena de carecer do mais esencial?
É algo tan indigno como que a nosa saúde, a de todos e cada un de nos, se estea a utilizar como arma arroxadiza, ou que mesmo se supedite a convocatoria dunhas eleccións.
Por eso, por mais que nos digan que o peor xa pasou, sintoo, pero, malia que nada me gustaría mais, non podo ser optimista.